Xaneiro 2015- nº 2

 

 

 XXXI ASEMBLEA XERAL DE NEG

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA

Convócase a XXXI Asemblea xeral de NEG, con carácter ordinario, para o sábado, día 31 de xaneiro do 2015, no Centro de Interpretación Ambiental de Galicia, Parque de Belvís, Santiago de Compostela, ás 9:30 e coa seguinte Orde do día:
Aprobación, se proceder das actas da XXX Asemblea e da Asemblea extraordinaria.

1.     Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014.

2.     Aprobación, se proceder, da Memoria económica do ano 2014.

3.     Aprobación, se proceder, do Programa de actuacións para o ano 2015.

4.     Ratificación, se proceder, do Orzamento para o ano 2015.

5.     Elección dos cargos e ratificación das e dos representantes dos Grupos no Secretariado Nacional.

6.     Resolucións

7.     Rogos e preguntas.

 Milladoiro - Ames, a 15 de xaneiro de 2015.
  A presidenta: Mª Dolores Candedo Gunturiz 

  • As candidaturas para o secretariado nacional (en listas de nove persoas e, no seu caso, persoas suplentes, nas que os primeiros postos se corresponderán coa presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesouraría, tal e como se contempla no artigo 18 dos Estatutos) poderán presentarse ata o mesmo día da asemblea ás 10 hs.
  • Igualmente poderán presentarse as propostas de resolución da Asemblea ata o mesmo día ás 11 hs.
  • Toda a documentación relacionada coa Asemblea poderá consultarse (ou mesmo recuperarse) do noso sitio web no menú ASEMBLEAS, submenú XXXI ASEMBLEA XERAL. Para poder acceder  cómpre entrar co usuario e o contrasinal de cada quen (se alguén aínda o ignora pode preguntalo na nosa sede)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA
Co gallo da celebración da XXXI Asemblea Anual de NEG, convocamos a toda a asociación a unha xuntanza, que terá o seguinte programa:
Día e hora: sábado, 31 de xaneiro, 12:15 h.
Lugar:
Centro de Interpretación Ambiental de Galicia, Parque de Belvís, Santiago de Compostela
12,15 – 14,30 h. Xuntanza dinamizada polos grupos de traballo (cada grupo disporá duns 30 minutos) .

  • Grupo Educadores/as pola Paz
  • Grupo Cambela
  • Grupo de Rural
  • Grupo Cavila

 15 h. Xantar de confraternidade no Silveira. Casa de Xantar (Praza de Mazarelos, Rúa Cardenal Payá, n. 18)
O xantar inclúe 1º e 2º prato, bebida, sobremesa e café (é o menú do día, polo que cada un/ha escollerá no momento) e ten un custo de 15 €
As persoas que queira asistir ó mesmo deben facer a súa reserva a través deste mesmo correo electrónico antes do 27 de xaneiro.
Milladoiro - Ames, a 15 de xaneiro de 2015.
 A presidenta: Mª Dolores Candedo Gunturiz

 

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

 

 

Re.Cursos. Respirando alegría.
Módulo 3: "A comunidade. Compromiso-práctica"

Santiago, 7 e 8 de febreiro.
O método Re.cursos. Respirando Alegría achegaralle ó educador/a ferramentas aplicables no seu espazo educativo para mellorar a atención, a escoita e a concentración do alumnado.
Para o profesorado interesado, o curso está homologado con 12 horas de formación pola Consellería de Educación e OU.
As prazas son limitadas. Tedes toda a información aquí.


 

 

 

VI Seminario- Obradoiro Internacional de
Avaliación de Materiais Didácticos

Vedra, 20 e 21 de febreiro.

É unha actividade con distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino.
Para o profesorado interesado, o curso está homologado con 12 horas de formación pola Consellería de Educación e OU.
As prazas son limitadas. Tedes toda a información 
aquí.
 

 

 

Obradoiros de iniciación á pandeireta, ó baile, ó canto e á fotografía

Lembramos que está aberta a matrícula para o obradoiro de pandeireta, que comezará no mes de abril!
Aínda que non conseguimos reunir suficiente xente para conformar os grupos de canto, fotografía e baile tradicional, seguimos a intentalo! Se estás interesado ou interesada non dubides en mandarnos un email para que o teñamos en conta e avisarémoste se somos quen de formar grupo.
Toda a información
aquí.

 

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN Nº 60


Xa está na rúa o nº 60 da Revista Galega de Educación cun monográfico dedicado á lusofonía. O número vai acompañado por unha separata na que se recolle a entrevista realizada por Antía González Ben ao profesor estadounidense Michael Apple, coincidindo ademais co seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.

O número, que xa se presentou a finais de 2014 no Culturgal, pode adquirirse solicitándoo en calquera libraría de Galicia ou ben a través da propia sede da asociación, mesmo por correo electrónico.

Toda a información sobre o número e a revista
aquí.

 

 

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

 

 

Moitísimos parabéns ao noso compañeiro Jesús Rodríguez Rodríguez, que ademais é o director da Revista Galega de Educación, por este merecido recoñemento! Unha moi acertada decisión do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia aos que tamén parabenizamos!

 

 

 

 

Queres ser asociado/a de NEG?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de asociación

Queres ser subscritor/a de Revista Galega de Educación?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de subscrición

 

 

@Nova Escola Galega

unsubscribe from this list    update subscription preferences 

 






This email was sent to xlastra@mundo-r.com
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
NOVA ESCOLA GALEGA · R/ das Hedras, 4-2ºO. CP 15895. Milladoiro · Ames, A Coruña 15895 · Spain

Email Marketing Powered by MailChimp